A TVG volve e aposta por estrelas deportivas autóctonas para acompañar aos galegos nos últimos compases do ano. Se o ano pasado Ana Peleteiro presentou as badaladas dende a Praza do Obradoiro en compañía de Xosé Ramón Gayoso, nesta ocasión é a piragüista Teresa Portela , medalla de prata en Tokio 2020, a elixida. Non repite, por primeira vez en 35 anos, o presentador de Luar , que este ano deixa o temón en mans de Noelia Rey e Arturo Fernández , á fronte de Malicia Noticias . Así séguese neste ano a tónica do refresco común ao groso das autonómicas.