Buscar
Biblioteca
Iniciar sesión
Ver en pantalla completa
hace 13 años|134 visualizaciones

O MUNDO POLAS MANS (VOSE)

foucinhos
Un filme documental de Pachi Baranda e Mónica Cortés (2006).

Nas mans das pulpeiras de Arcos está escrita unha parte da nosa historia recente que, aínda que a viviron non fai moitos anos, está a piques de ser esquencida. Estas mulleres, agora anciás, percorreron Galiza a pé, en carros tirados por bestas ou en autocares onde se misturaban pasaxeiros e carga. As súas vidas nómadas transcurriron de feira en feira e de festa en festa, con días de sol e noites de xiada.

Agripina, Morocha, Pepita, Aurora, Teri, Perigrina e Carme son un diario vivinte desa época. Entre as tres xuntan centos de experiencias e memorias que nos axudan a entendela mellor.

Curta gravada en Arcos (O Carballiño) en febreiro de 2006.