Isto é Galego. Episodio 1
  • hace 12 años
Seccións incluidas neste capítulo:
- Infiltrados: Niño, bello, polvo.
- Galegotrón.
- A outra historia de Galicia: a prehistoria.
- ¿Isto como era? Contracción pronominal.
- Adiviña.

“¿Por qué no hacemos un curso de gallego?” dixo Borji. E todo comezou.

O resto das cuestións foron caendo polo seu propio peso: É útil e necesario un curso de galego na Galiza? Seremos capaces de facer a produción? Conseguiremos financiamento para facelo? É o lacon con grelos consubstancial á galeguidade? Por que se lle ocorreu a idea a un de Ibiza e non a un de Monforte? Tedes a resposta á maior parte destas preguntas nesta páxina web (a do lacón non, por evidente).

Igual semella pouca cousa, pero o Isto é galego é un traballo de moitos meses, feito integramente por persoas voluntarias que puxeron a súa creatividade, o seu esforzo e a súa ilusión na que pretendemos sexa unha ferramenta útil para a nosa lingua propia.

Web oficial: istoegalego.org
Recomendada