Los representantes del PPdeG en las ciudades del Eje Atlántico se unen para reclamar al Gobierno central a llegada del alta Velocidad y la mejora de los servicios ferroviarios

  • hace 8 meses
MARTA FERNÁNDEZ-TAPIAS: “EN VIGO XA ESTAMOS ACOSTUMADOS AOS DESPREZOS DE PEDRO SÁNCHEZ Á NOSA CIDADE”

● Ante o “enésimo atraso” na chegada dos trens Avril imprescindibles para a implantación da Alta Velocidade, a líder dos populares vigueses non se amosa sorprendida porque “en Vigo xa estamos acostumados aos desprezos de Pedro Sánchez á nosa cidade”

● “Non pode ser que a cidade máis importante de Galicia aínda non estea conectada como ten que estalo e máis aínda despois de que o seu alcalde prometera que en 2012 xa teríamos AVE”, asegura ao tempo que resume a situación en que “nin AVE, nin conexións, nin frecuencias”

● Marta Fernández Tapias asegura que o Eixo Atlántico “ten que estar conectado e dotarse das infraestruturas ferroviarias necesarias para que esa conexión sexa real e efectiva”

● De aí que esixa ao PSOE de Vigo que “pida ao seu xefe de filas en Madrid que estas conexións sexan reais e eficientes para poder así contar cunhas frecuencias e un servizo adecuados”

● “Non pode ser que se agochen nunhas supostas enquisas para dicir que non é necesario e é menos admisible aínda que a día de hoxe non se repuxeran as frecuencias previas á pandemia despois de tres anos”, engade

Recomendada