MÁIS DE 10.000 NENOS E NENAS GALEGAS LANZARÁN O PEÓN (buxaina, trompo....) SIMULTANEAMENTE ESTE XOVES, 11 DE NOVEMBRO,
EN TODA GALICIA
Na 6ª edición do Día do Peón están chamados a participar os 1704 centros educativos galegos, en actos simultáneos que se celebrarán ás 12 da mañá do día de San Martiño en todos os recunchos dos país.
O peón é un dos xogos tradicionais máis marcados estacionalmente: Polo San Martiño, peóns ao camiño; polo San Amaro, peóns ao faiado.
A convocatoria do Día do Peón pretende contribuír á recuperación dos xogos tradicionais galegos, actualmente nun proceso vigoroso de posta en valor.
O acto central da edición 2010 do Día do Peón celebrarase en Melide, e conta cun pregón do escritor melidao Xosé Vázquez Pintor,
A convocatoria está realizada por Brinquedia, a Rede Galega do Xogo Tradicional, e polas entidades integradas nela.