Yolanda Díaz e Manuel Lago
  • hace 7 años
Os deputados estatais de En Marea, Yolanda Díaz e Manuel Lago criticaron a venda do Banco Pastor que consideran "o novo espolio no que unha vez máis gaña a Banca e perden os traballadores e traballadoras, Galicia e a súa cidadanía, a posibilidade de desenvolvemento económico do noso país".
Tanto Díaz coma Lago denuncian o silencio de Alberto Núñez Feijóo xa que entenden que "A situación é dramática. Perdemos o que durante décadas e décadas acumulamos para o noso patrimonio no noso país e que serviu para financiar o desenvolvemento industrial e económico galego e que agora desaparece" denunciou Lago, que asegurou que "hoxe a economía galega está máis débil que onte".
Recomendada