O concello de Zas adquire a Carballeira de Baio

  • hace 7 años
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, anunciou nunha rolda de prensa que o concello chegara a un acordo coa propietaria da Carballeira de Baio, que permitirá incorporar “ao patrimonio público un lugar único e emblemático” esta área composta por 390 carballos.

O prezo finalmente pactado é de 43.000 euros (entre os 30.000 euros que ofrecía o concello e os 56.000 euros que pedía a propietaria). O alcalde informou que a próxima edición da Festa da Carballeira de Baio será organizada polo concello, que proximamente promoverá un plan ambiental nesa contorna e tamén xestionará a súa protección. Cualificou de “fito importantísimo” e de “boa noticia para Baio” pero tamén para o concello e para a Costa da Morte, o acordo para comprar a Carballeira de Bai

Recomendada